CRTVG

Buscar

O pazo de Meirás recibe máis de mil visitas en xullo

Publicado o 03/08/2021 22:45

O pazo de Meirás recibiu máis de 1.000 visitas durante o primeiro mes tras a súa apertura despois da sentenza que obrigaba a familia Franco a devolver o inmoble. Os primeiros en visitar o Ben de Interese Cultural foron represaliados sadenses da ditadura.

O público en xeral procedeu na súa maioría de Galicia, máis da metade, e con predominio de madrileños entre o resto de comunidades autónomas. A reserva das visitas para agosto xa están completas.

Noticias web

03/08/2021