CRTVG

Buscar

O pavillón de deportes de Lugo habilitado como albergue para xente sen fogar

Publicado o 27/03/2020 21:58

Non deixar desantedidas as persoas sen fogar é outra das preocupacións durante esta crise sanitaria.
O Concello de Lugo en colaboración coa Cruz Vermella traballaron conxuntamente para habilitar o pavillón de deportes municipal e brindar acubillo ás persoas sen teito.

Os usuarios do Fogar do Transeúnte, que proporciona cama e comida no concello a aqueles que o precisan, foron trasladados esta tarde a estas dependencias provisionais que permiten atender un maior número de persoas.

O pavillón ten capacidade para 60 persoas, comedor e zona para o esparexemento, así como duchas e enfermería. O Fogar do Transeúnte, que actualmente acollía 26 perosas, xa non podía atender máis usuarios coas garantias de protección necesarias por falta de espazo.

Noticias web

27/03/2020