CRTVG

Buscar

O paso na fronteira con Portugal segue marcado polas retencións

Publicado o 20/04/2021 16:34

Unha imaxe vale máis que mil palabras, pero escoitamos moitas entre os condutores atrapados. Na fronteira lusa confirmaron hoxe controis máis rigorosos aos turismos, porén os usuarios quéixanse da lentitude habitual para acceder a Portugal.

Condutores atrapados. Con máis ou menos paciencia, pero enfadados porque para a maior parte deles esta imaxe ten outra lectura, a das perdas económicas.

Algúns turismos non pasaron o control e tiveron que dar a volta en dirección a Tui despois de quilómetros de retencións que se mantiveron durante toda a mañá na entrada a Portugal pola A-55.

Noticias web

20/04/2021