O pasado, o presente e o futuro dos autobuses converxen en Silleda
Publicado o 22/11/2019 16:01
Silleda é ata o sábado unha enorme estación de autobuses onde os profesionais do sector poden atopar case de todo. Uniformes, asentos, máquinas de cobro... E buses, moitos buses. Ata 152 firmas collen neste escaparate.
O sector innova na busca dun transporte máis seguro e ecolóxico. Nas cidades avanza o bus eléctrico, mentres que na media distancia gañan terreo os híbridos.
A feira permite probar os modelos do futuro sen perder de vista as xoias do pasado. Mesmo se pode pasear nun bus dos anos 50.
Mañá elixirase aquí o mellor condutor de autocares de España. Unha profesión en que, por certo, fan falta traballadores. E esta feira pode ser o lugar perfecto para espertar vocacións.