O pasadizo dunha casa de Arteixo impide o paso de vehículos altos
A vivenda está asentada a ambos os dous lados do camiño de Baer, en Arteixo, e con pasadizo sobre a vía deixa un oco para o paso de vehículos duns dous metros e medio. Os que superan esa altura teñen que recuar cara á estrada xeral, con bastante tráfico. Os veciños avogan porque se tire o pasadizo de formigón pero, alguén lles respondeu que a casa ten valor para Patrimonio.
Un veciño precisa que "hai tres semanas viñeron por min, que necesitei dunha ambulancia, e tiveron que dar a volta marcha atrás e subir por outro lado. O problema é ese: camións, ambulancias e se calquera día hai un incendio terán que vir marcha atrás ou non sei".
O camiño de Baer con este pasadizo vivenda é desas trampas que o GPS adoita poñer ao sinalizar rutas impenetrables por vehículos de determinado tamaño.