CRTVG

Buscar

O Partido Popular critica que o Goberno local de Lugo aprobase unha suba do 2% no soldo

Publicado o 15/12/2020 15:09
O Partido Popular critica que o Goberno local de Lugo aprobase unha suba do 2% no soldo

O Grupo Popular no Concello de Lugo denuncia que o Goberno municipal formado por socialistas e nacionalistas aprobaron unha suba do 2% nos seus salarios.

Os populares consideran inmoral que en plena pandemia a alcaldesa vaia cobrar 1.340 euros máis ao ano e, que en total, os lugueses teñan que pagar 10.000 euros anuais a maiores aos integrantes do Goberno municipal.

A alcadesa de Lugo contesta que é a suba que corresponde e que é para todos os funcionarios, non só para os membros do Goberno.




 

Noticias web

15/12/2020