CRTVG

Buscar

O partido irlandés probritánico DUP non acepta o pacto do Reino Unido coa UE para o brexit

Publicado o 17/10/2019 08:31
O partido irlandés probritánico DUP non acepta o pacto do Reino Unido coa UE para o brexit

O  probritánico Partido Democrático  Unionista de Irlanda do Norte ( DUP), clave para chegar a un acordo sobre o " brexit", afirmou este xoves que "non pode aceptar" o pacto que negocia o Reino Unido coa Unión Europea (UE).

A líder do  DUP,  Arlene  Foster, emitiu un comunicado no que manifesta as súas reservas sobre o que se negocia en materia aduaneira para Irlanda do Norte, horas antes do vital cumio europeo, no que o primeiro ministro británico, Boris Johnson, espera pechar unha saída negociada do seu país da UE o 31 de outubro.