CRTVG

Buscar

O partido do multimillonario Aziz Ajanuch acaba con 10 anos de goberno islamista en Marrocos

Publicado o 09/09/2021 19:30
EFE

O líder do partido Reagrupamiento Nacional de Independentes (RNI, centrista), Aziz Ajanuch, dixo hoxe que a súa vitoria nas eleccións lexislativas de Marrocos é "a expresión clara da vontade do pobo para o cambio". Ajanuch agradeceu aos marroquís a confianza que depositaron no partido e subliñou que a súa vontade non é "enfrontar a ningunha corrente política", en alusión velada aos islamitas da Partido Xustiza e Desenvolvemento ( PJD), que encabezaron o goberno na última década e sufriron onte unha forte derrota ao perder o 90 % dos seus escanos e quedar como oitava forza política.

O líder do RNI, que asumiu ata o de agora a carteira de Agricultura e é o segundo home máis rico do país tras o rei, prometeu cumprir cos compromisos do partido. O RNI deseñou un programa con cinco obxectivos que integran varias promesas destinadas a superar o impacto da crise económica e sanitaria do coronavirus. Entre outras medidas, prometeu a creación dun millón de postos de emprego, subir o salario mínimo dos profesores e médicos e aumentar as axudas para as familias desfavorecidas.

Conforme á Constitución marroquí, Ajanuch deberá esperar ao seu nomeamento polo rei, Mohamed VI, para empezar as negociacións para formar a súa coalición gobernamental. Neste sentido, mostrouse aberto a negociar con todos os partidos políticos que comparten con el os seus compromisos electorais.

O RNI posicionouse como o máis votado nas lexislativas organizadas onte mércores, con 97 escanos dun total de 395 da Cámara baixa en base ao escrutinio do 96 % dos votos ofrecido esta madrugada. Seguiulle a Partido Autenticidade e Modernidade (PAM, liberal), con 82 escanos, e o partido nacionalista Istiqlal ( PI) con 78 escanos, mentres que o PJD só obtivo doce escanos (fronte a 125 na lexislatura anterior)

Noticias web

09/09/2021