CRTVG

Buscar

O partido do Kremlin gaña as eleccións á Duma e os comunistas soben

Publicado o 19/09/2021 20:37
O partido do Kremlin gaña as eleccións á Duma e os comunistas soben

O partido do Kremlin, Rusia Unida, gañou as eleccións á Duma ou cámara de deputados, por diante dos comunistas, que mellorarían os seus resultados, segundo os primeiros datos oficiais anunciados pola Comisión Electoral Central (CEC).

Tras o escrutinio do 10,13 % dos votos, a formación oficialista sumaría o 38,86 % dos votos fronte ao 24,95 % do Partido Comunista de Rusia nos comicios lexislativos celebrados os últimos tres días, en que non puideron participar os líderes principais da oposición.