O Partido Demócrata Italiano negocia contra o reloxo co Movemento 5 Estrelas
Publicado o 28/08/2019 11:38
O presidente italiano, Sergio Mattarella, recibe aos grandes partidos políticos na segunda rolda de consultas, mentres o Movemento 5 Estrelas e o Partido Demócrata negocian contra o reloxo un novo goberno.
Ambas formacións retomaron as conversacións despois de que os socialdemócratas confirmaran que non impoñen vetos a que Giussepe Conte poida repetir como primeiro ministro.
O obxectivo é construír un programa de goberno baseado en posicións comúns entre dous partidos bastante distanciados no pasado.