CRTVG

Buscar

O partido de Riazor foi o evento con máis asistencia de público en Galicia tras a pandemia

Publicado o 02/05/2021 22:14

Era un partido transcendental. Notábase no ambiente, xa unha hora antes do inicio do encontro. Moito en xogo, tamén a saúde de todos. Por iso se esixiu un cumprimento rigoroso de todas as medidas de seguridade. Primeiro nos accesos, con control de temperatura e hixienización das mans.

Cinco mil voces animaron o equipo en Riazor. O estadio vibrou ao quince por cento da súa capacidade. Foi o partido con máis espectadores de cantos se disputaron en Galicia desde o comezo da pandemia. Non houbo descanso para o persoal encargado da vixilancia.

Xa non se escoita o silencio. Volve soar Riazor.