O Parrulo non reacciona e cae co Betis (2-5)
Publicado o 11/11/2020 16:39
Segue sen reaccionar o Parrulo. Outra derrota na casa. 2 a 5 caeu ante o Betis, nun partido en que os ferroláns chegaron a ter unha vantaxe de dous a cero no marcador. Miguel e Isma adiantaban o Parrulo.
O partido ía moi ben encamiñado, pero varios erros defensivos graves provocaron a reacción andaluza e a goleada a prol do Betis. O Parrulo segue de último. Segue sen gañar tras seis xornadas.