CRTVG

Buscar

O Parrulo Ferrol remonta un 4-1 para empatar 4-4 en Santa Coloma

Publicado o 30/11/2019 14:05

O Parrulo Ferrol suma e segue, puntua mesmo cando non xoga ben. Porque sacou un punto de Santa Coloma logo de marchar ao descanso perdendo 4-1. Khalid fixo o 1-0 no 8, aumentou Álex Verdejo a renda co segundo no 15. Adri recurtou dende o punto de penalti pero xusto depois, Well marcou un golazo e Álex Verdejo acadou o cuarto a continuación. Tras o paso polos vestiarios, o Parrulo aumentou a intensidade. Iago Rodríguez puxo o 4-2 no 28. Héctor Souto apostou por porteiro xogador e, co xogo de cinco, chegou o 4-3, marcou outra vez Iago Rodríguez. O Santa Coloma estaba con cinco faltas e Bermusell cometou sexta a segundos do final. Adri puxo o empate dende os dez metros e o Parrulo segue na parte medio alta da táboa, con 15 puntos, sete sobre o descenso.

Noticias web

30/11/2019