CRTVG

Buscar

O Parrulo confirma o seu descenso logo de perder na casa con Palma

Publicado o 04/05/2021 21:27

O Parrulo certificou esta tarde o descenso de categoría. Perdeu ante o Palma Futsal na Malata. Era un reto difícil porque xogaba contra o líder. Empezou cun dous a cero en contra aos 14 minutos, goles de Cleber e Lolo.

Os ferroláns intentaron a remonta antes do descanso cun gol de Thalles, pero á volta do recomezo os baleares ampliaron vantaxe cun tanto de Vilela, que puxo o un a tres definitivo.

O Parrulo é cabeiro e xogará o vindeiro ano na división de prata, aínda así foi despedido cunha ovación pola súa afección.