CRTVG

Buscar

O Parrulo cae goleado na Malata ante o Cartaxena

Publicado o 09/02/2021 20:21

O Parrulo enfrontouse esta tarde ao Cartaxena nun dos catro partidos que tiña pendentes por disputar. Os ferroláns tiñan a oportunidade de puntuar e dar un novo paso para achegarse aos postos de permanencia na categoría.

Os murcianos, rival poderoso que loita polo lilderado da Primeira División, impuxeron a súa superioridade dende o inicio. No primeiro minuto marcou Waitinho. E aos nove minutos, o marcador da Malata amosaba un 0 a 3 a prol do Cartaxena. Aumentou a renda á volta dos vestiarios ata o 0-4 a falta de dez minutos. Amosou entón carácter o Parrulo e nun minuto Kevin Martínez fixo dous goles que permitían soñar coa remonta. Pero o Cartaxena non lle deu opción á sorpresa e fixo dous goles máis para establecer o 2-6 definitivo.

Noticias web

09/02/2021