CRTVG

Buscar

Conde anuncia proxectos con renovables en 94 edificios públicos

Publicado o 21/06/2021 16:30

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciou que a Xunta de Galicia ten previsto investir 6 millóns de euros para desenvovler proxectos de enerxías renovables en 94 edificios públicos.

Segundo adiantou en Xermade, onde participou nos actos de conmemoración do 20 aniversario do parque eólico experimental Sotavento, instalaranse caldeiras de biomasa ou placas de enerxía fotovoltaica en hospitais, centros de saúde, colexios e albergues. 

Na súa intervención, salientou a contribución do parque ao desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia, "a través do I+D+i, á sensibilización e á pedagoxía", ao consolidarse como "un espazo de experimentación e escaparate" dos avances tecnolóxicos que se foron producindo no sector.

Ademais, fixo referencia á vivenda bioclimática instalada no recindo que, co gallo da conmemoeración, presenta novidades. Por unha banda, a instalación dun sistema de baterías para acumular a enerxía solar e, por outra, un sistema de calefacción radiante que se adapta ás previsións meteorolóxicas.

Noticias web

21/06/2021