O Parque Nacional das Illas Atlánticas estrea o sistema de acceso regulado de visitas
Publicado o 16/04/2019 17:00
Esta Semana Santa o arquipélago estrea o sistema de acceso regulado e Ángeles Vázquez viaxou esta mañá ás illas Cíes para comprobar in situ o seu funcionamento.
O Parque Nacional ten aprobado xa o plan reitor de usos que establece unha limitación en todas as illas, que varía de temporada alta, cunha cota diaria de 2.800 persoas ás Cíes e 1.800 a Ons, a tempada baixa, con 450 persoas diarias.
A responsable do departamento de Medio Ambiente salientou que este control responde a criterios técnicos e científicos que obedecen a un obxectivo de conservación.
Case 6.000 persoas xa teñen autorización para visitar as Cíes e Ons durante esta Semana Santa.