CRTVG

Buscar

O parque móbil avellenta polo incremento das vendas de coches usados

Publicado o 15/06/2021 16:22

Os coches con máis de dez anos son as estrelas do mercado do automóbil. Cada vez véndense máis. Detrás desta conxuntura está a crise motivada pola pandemia, pero tamén a falla de subvencións e a escasa introdución do coche eléctrico.

Como consecuencia, o parque móbil de España faise vello. A idade media supera os trece anos. Pero, como cambiar esta realidade? O sector teno claro. Sobre todo, son necesarias máis axudas públicas. Para os eléctricos pero tamén para os vehículos novos de combustión.

Noticias web

15/06/2021