CRTVG

Buscar

O parque de Rosalía de Lugo fai un século

Publicado o 13/07/2021 20:06

O mapa da península, a pérgola, o templete, o estanque dos patos e peixes ou o poema as árbores son algúns dos elementos que caracterizan este parque de Rosalía de Castro, inaugurado hai un século baixo o nome de Bella Vista. Dende aquela converteuse en lugar de peregrinaxe obrigada para a mocidade e as familias, que o transformaron no espazo de lecer por excelencia. Adolfo de Abel, doutor en Historia: "Xa se quería construir no século XIX. Pero foi Ángel López Pérez quen o levou a cabo en 1921."

Na contorna do parque móntanse as casetas do polbo e barracas do San Froilán e nos últimos tempos acolle numerosos actos culturais. A súa pérgola foi un dos primeiros elementos racionalistas en España. Os lugueses de máis idade téñenlle un afecto especial. Dende este martes, o parque conta cunha placa conmemorativa deste primeiro século de existencia e con paneis informativos para coñecer a súa hsitoria.

Noticias web

13/07/2021