CRTVG

Buscar

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro retoma as visitas guiadas con novidades

Publicado o 21/06/2020 11:53

Cita previa, grupos reducidos e máscaras tamén para camiñar entre petróglifos. Xa que non poden programar os seus obradoiros por mor da nova normativa de distanciamento social, este museo da prehistoria ao aire libre reforza as súas visitas guiadas.

Unha das novidades é o paseo Petroquiz, que fai a súa primeira parada na espléndida Laxe dos Carballos. O percorrido polas rochas leva as familias de viaxe ao pasado entre xogos de atención, adiviñas e cuestionarios pensados para os pequenos, que seguen con interese as explicacións da arqueóloga para descubriren os relatos gravados nas pedras, coma nun libro aberto.

O Diario Perdido é a outra proposta de ocio cultural familiar estreada hai pouco que consiste en completar un antigo caderno de campo a través da visita libre ao parque.

Noticias web

21/06/2020