CRTVG

Buscar

A parada nas fábricas de coches pola falta de pezas dispara os tempos de entrega

Publicado o 06/07/2021 16:04

Sabían que era cuestión de tempo e os efectos pola falta de microchips xa se senten nos concesionarios. Os que queiran mercar un vehículo terán que poñerse á cola porque xa comezan a escasear nos puntos de venda.

Máis difícil é mercar un coche cun equipamento ao gusto do consumidor, neste caso os prazos de entrega duplícanse e chegan ata os nove meses.

A repercusión nas vendas comeza a notarse cando os concesionarios confiaban en recuperar volume de negocio tras a relaxación das restricións por mor da pandemia.

A produción mundial sofre os paros pola falta de semicondutores, en España son 17 as fábricas da automoción afectadas. En Galicia Stellantis tamén tivo que interromper a produción.

Noticias web

06/07/2021