CRTVG

Buscar

O paro subiu en 4.733 persoas no último mes en Galicia, 49.558 no total en España

Publicado o 04/11/2020 10:44

O paro rexistrado no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) subiu en Galicia en outubro en 4.733 persoas en relación a setembro, o 2,68 por cento, ata situar o número de desempregados na comunidade autónoma en 181.307. 

Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este mércores, con respecto a outubro do ano pasado hai 17.000 desempregados máis, en porcentaxe, un 10,35 % máis.

En España, o paro rexistrado subiu en 49.558 persoas en outubro fronte a setembro, ata alcanzar os 3.826.043 desempregados.

Polo que atinxe á afiliación á Seguridade Social, outubro conseguiu seguir sumando emprego con 113.974 afiliados máis de media que en setembro, ata os 18.990.364 ocupados en España.

Fronte a outubro do ano pasado, o mercado laboral segue reflectindo o duro impacto da pandemia da covid-19 con 439.628 afiliados menos e 648.384 parados máis.