CRTVG

Buscar

O paro sobe un 8 % en abril e alcanza os 3,9 millóns de persoas

Publicado o 05/05/2020 10:57

Abril pechou cun incremento do paro en España de 282.891 persoas, un 8 %, ata alcanzar os 3,83 millóns de desempregados.

A Seguridade Social perdeu 947.896 afiliados desde o 12 de marzo ata finais de abril pola pandemia da COVID-19, segundo os datos facilitados polo Goberno.

Só en abril, perdeuse unha media de 548.093 afiliados, o que marca a primeira destrución de emprego nese mes desde 2009 e deixa a cifra de ocupados nas 18.458.667 persoas.