O paro crece en 29.780 persoas en agosto, a menor suba neste mes desde 2016
• A Seguridade Social suma 6.822 afiliados en agosto
• En Galicia, o desemprego aumenta en 1.640 persoas
Lastrado pola escasa temporada turística, o paro subiu en agosto. Sumou 29.780 desempregados, a maioría no sector servizos, ata un total de 3.802.814.
Foi o menor incremento en agosto dos últimos catro anos. Con todo, o número de parados é o máis alto neste mes desde 2015. O secretario de Estado de Traballo, Joaquín Reyes, considera que : "O incremento do paro trexistrado nunca é unha boa norticia pero esta cifra nos confirma a continuidade dunha tendencia á melloría do emprego que xa iniciamos no mes de maio"
O emprego deixa unha repunta. En agosto creáronse 6.822 postos de traballo na Seguridade Social. É o cuarto incremento consecutivo e o primeiro deste mes na serie histórica. Rematou con 18.792.376 ocupados.
Algo máis dun millón están en Galicia. É a segunda comunidade en que máis medran as afliacións, 7.126. Medraron os contratos na agricultura, na pesca e na construción, pero baixaron na industria e na hostalería.
E, como no conxunto de España, en Galicia sobe o paro. Agosto deixa 1.640 desempregados máis ata un total de 176.951.
A secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca engade: "Que sucede con respecto ao ano pasado? Hai unha suba do paro dun 15%. Pero hai que destacar que esa suba é moi inferior á do conxunto de España. Nove puntos por baixo"
Os datos de Emprego non inclúen os traballadores en ERTE que son actualmente preto de 800.000. Desta situación saíron xa tres de cada catro traballadores.