CRTVG

Buscar

O paro nos EUA baixa ao 3,6%, a taxa máis baixa en 59 anos

Publicado o 03/05/2019 19:50
O paro nos EUA baixa ao 3,6%, a taxa máis baixa en 59 anos

Os Estados Unidos rexistran a taxa de paro máis baixa dos últimos 59 anos. A porcentaxe de desempregados baixou en abril ata o 3,6%. O mes pasado creáronse naquel país 263.000 empregos, moi por riba das previsións dos analistas. Con esa cifra, o mercado laboral estadounidense encadea xa 103 mese seguidos creando emprego, o período máis longo do que se ten constancia.

Noticias web

03/05/2019