CRTVG

Buscar

O paro baixou en Galicia en 1.091 persoas en febreiro e subiu no conxunto de España

Publicado o 04/03/2019 13:37

O paro subiu en febreiro en once comunidades e baixou en oito, entre elas Galicia, a quinta onde máis descendeu con 1.091 desempregados menos. É unha caída de seis décimas ata os 173.709 parados. E destaca a baixada interanual, un 7,7, a segunda máis elevada, detrás de Castela -A Mancha. Hai case 15.000 parados menos que hai un ano.

Covadonga Toca Secretaria xeral de Emprego da Xunta "Baixa o paro en Galicia con maior ritmo que a media do conxunto do Estado, que está nun 5,22%. Por outro lado estamos en niveis de paro de hai dez anos. No colectivo de mulleres hai un descenso do paro respecto ao ano pasado dun 6,22%"

No conxunto de España o paro subiu en 3.279 persoas, no peor febreiro dende 2013. Hai case 3.300.000 parados, 180.000 menos que hai un ano. O que mellorou foi o emprego con 69.000 cotizantes máis, sobre todo en construción e educación. En Galicia hai 4.900 afiliados máis. Un total de 997.300, cun incremento interanual de case dous puntos.
 

Noticias web

04/03/2019