O Parlamento venezolano pídelle a Maduro que expulse a embaixadora da UE en Caracas
Publicado o 24/02/2021 13:42

O Parlamento venezolano pídelle a Nicolás Maduro que expulse do país a Isabel Brilhante, a embaixadora da Unión Europea, e que peche a súa oficina en Caracas.
É a resposta do chavismo ás novas sancións da Unión Europea contra 19 funcionarios venezolanos, aos que acusa de socavar a democracia e abusar contra os dereitos humanos.
A Contraloría Xeral de Venezuela tamén inhabilitou o líder da oposición, Juan Guaidó, e outros 27 exdeputados para exercer cargos públicos durante 15 anos.