CRTVG

Buscar

O Parlamento tramita unha nova lei de igualdade no ámbito universitario

Publicado o 23/03/2021 16:41

O Parlamento comezou a tramitar este martes unha nova lei de igualdade no ámbito universitario. O BNG presentou esta proposta para garantir a igualdade real no ámbito da investigación.

Entre outras medidas, pretende crear cátedras sobre a ideoloxía de xénero ou formar a todo o persoal universitario sobre esta materia. O Grupo Popular apoiou a tramitación desta proposta, malia explicar que moitas das ideas xa están recollidas na lexislación actual.

Noticias web

23/03/2021