Rexeitan a proposta de BNG para asumir a competencia de Salvamento Marítimo
Publicado o 12/02/2019 16:09
Galicia non pedirá, polo de agora, as competencias en Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación. Así se decidiu esta mañá no Parlamento de Galicia.
A proposta de solicitar esa transferencia partiu do BNG, que foi apoiada por En Marea. Entenden ambos grupos que a xestión sería moito máis eficaz desde Galicia. Puxeron como exemplo o acontecido co Prestige.
Os socialistas abstivéronse na votación. Porén, o grupo popular votou en contra porque cre que a seguridade no mar se defende mellor de xeito coordinado entre países e tendo medios dabondo. Para esta formación, iso non sucedería tendo nós a competencia exclusiva.