CRTVG

Buscar

O Parlamento recorda a Valeriano Martínez no inicio do debate de política xeral

Publicado o 13/10/2021 13:29

Foto: EFE/Lavandeira jr

Un minuto de silencio en recordo do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, falecido o 6 deste mes de maneira repentina tras sufrir un infarto no seu despacho, marcou este mércores o inicio do primeiro debate de política xeral desta lexislatura.

O presidente da Cámara, Miguel Santalices, pediu este xesto para honrar un home ao que definiu como "un servidor público exemplar". Ese minuto finalizou cun sonoro aplauso de todos os parlamentarios.

No seu escano, o que ocupaba o conselleiro, unha hortensia branca e senllos exemplares da Constitución e o Estatuto son hoxe a imaxe do recordo de Valeriano Martínez.

As primeiras palabras do presidente da Xunta, iniciada xa a súa intervención no debate, foron para agradecer as mostras de afecto tras o falecemento do conselleiro, "desde todos os lugares xeográficos e ideolóxicos, que demostran que Valeriano Martínez era un galego querido e respectado", dixo Núñez Feijóo.

 

 

Noticias web

13/10/2021