CRTVG

Buscar

O Parlamento portugués despenaliza a eutanasia por ampla maioría

Publicado o 29/01/2021 18:23
O Parlamento portugués despenaliza a eutanasia por ampla maioría

O Parlamento de Portugal acaba de aprobar cunha ampla maioría a legalización da eutanasia. Poderán pedir a morte medicamente asistida os maiores de idade que non teñan problemas mentais e que estean nunha situación de sufrimento a causa dunha doenza incurable.

A norma saíu adiante con 136 votos a favor, 78 en contra e 4 abstencións. Agora o presidente poderá promulgar a lei, sometela á análise da Corte Constitucional ou mesmo vetala.

De aprobarse a lei, Portugal sería o cuarto país europeo e o sétimo do mundo en recoñecerlles aos seus cidadáns o dereito a elixir unha morte digna.

Noticias web

29/01/2021