CRTVG

Buscar

O Parlamento pídelle ao Goberno central que garanta a seguridade dos pesqueiros tras o 'brexit'

Publicado o 12/09/2019 18:45

O Parlamento galego demándalle ao Goberno central que garanta a seguridade dos pesqueiros en augas internacionais ante a decisión do Reino Unido de endurecer a vixilancia nas súas augas.

O PPdeG, grupo autor da proposta, sinala que o anuncio de que o Reino Unido vai blindar as súas augas xera moitas inquedanzas no sector, polo que cómpre implementar medidas preventivas que eviten conflitos.

O PSdeG e o Grupo Mixto votaron en contra da iniciativa ao considerala esaxerada. O BNG e o Grupo Común de Esquerda abstivéronse.

Noticias web

12/09/2019