O Parlamento pídelle a Renfe que manteña a parada de Vilagarcía na conexión Vigo-Madrid
Publicado o 09/09/2021 16:22

O Parlamento de Galicia pediu hoxe que reconsidere a súa decisión inicial de non facer parada en Vilagarcía de Arousa na liña Vigo-Madrid. Pídelle ao Goberno central que faga as xestións necesarias. O PP e o BNG sumaron os seus votos para pedir ese servizo en Vilagarcía. Os socialistas non apoiaron a proposta por considerala localista.