CRTVG

Buscar

O Parlamento pide que se reforce a presenza policial durante o Xacobeo

Publicado o 02/12/2020 15:21
O Parlamento pide que se reforce a presenza policial durante o Xacobeo

O Parlamento de Galicia reclama ao goberno central máis efectivos policiais para reforzar a seguridade durante o Xacobeo. A proposta do PPdeG pide que se inclúa nos orzamentos xerais do estado unha partida para incrementar os axentes das forzas e corpos de seguridade do estado e da policía adscrita.

Tamén demandan dispositivos específicos de seguridade na catedral de Santiago. O BNG abstívose na votación. Os socialistas votaron en contra despois de que os populares rexeitasen unha enmenda na que pedían que se remitise un plan de actividades do Xacobeo ao goberno central.
 

Noticias web

02/12/2020