CRTVG

Buscar

O Parlamento pide que se compense os concellos raianos polos peches da fronteira

Publicado o 21/05/2021 16:36
O Parlamento pide que se compense os concellos raianos polos peches da fronteira

O Parlamento galego acordou por unanimidade demandar un fondo extraordinario de compensacións para os concellos transfronteirizos.

A iniciativa, transaccionada entre o BNG e o grupo popular, fai fincapé no dobre impacto económico que sufriron estes territorios; pola pandemia e polo peche das fronteiras.

As axudas para a reactivación dos sectores afectados correrían a cargo de fondos propios, estatais e europeos.

Noticias web

21/05/2021