CRTVG

Buscar

O Parlamento insta a Xunta a solicitar a súa entrada no Consello de Administración de Navantia

Publicado o 03/02/2021 18:25

A Xunta pediralle ao Goberno central a entrada no Consello de Administración de Navantia.

O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG en que se insta o Goberno galego a facer esta solicitude para defender os intereses de Galicia ante o estaleiro público.

Na proposta tamén se solicita a creación dunha mesa de traballo para a diversificación das actividades en Navantia Ferrol cara ao sector das enerxías renovables.

Noticias web

03/02/2021