CRTVG

Buscar

O Parlamento insta a Xunta a aproveitar as sinerxias do AVE para levar a conexión 5G ao rural galego

Publicado o 21/04/2021 19:18
O Parlamento insta a Xunta a aproveitar as sinerxias do AVE para levar a conexión 5G ao rural galego

O Parlamento insta a Xunta a aproveitar as sinerxias do AVE para levar a conexión 5G ao rural galego.

O PSdeG, grupo autor da iniciativa, explicou na comisión de industria que as novas liñas do Adif contan cunha rede de fibra óptica e con tecnoloxía 5G que poderían utilizarse para mellorar a conectividade nas zonas rurais.

A proposta, que foi transaccionada co grupo popular, fai un chamamento ao Goberno galego e ao Adif para colaborar no aproveitamento destas infraestruturas.

Noticias web

21/04/2021