O Parlamento homenaxea a Celso Emilio Ferreiro
Publicado o 02/12/2019 18:56
O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde unhas xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro con motivo do seu corenta cabodano. Ao acto asitiron personalidades da política e da cultura galega, familiares do escritor e alumnos dos IES Castelao de Vigo e Celanova que recitaron varios dos seus poemas. O presidente da Real Academia Galega, o seu amigo, o tamén escritor, Xesús Alonso Montero, o secretraio xeral de política lingüística e o presidente do Parlamento lembraron a importancia da figura e obra de Celso Emilio Ferreiro para a lingua e a cultura galega; unha obra con aceno popular que tiña como protagonistas o home e a sociedade na que vivía.