O Parlamento galego vota as propostas de resolución do debate do estado da autonomía
Publicado o 27/09/2019 12:39
Ás once da mañá retómase no Parlamento a fase final do debate do estado da autonomía, coa votación das propostas de resolución. Todos os grupos, agás os socialistas, van reclamarlle ao Estado os 700 millóns que lle debe a Galicia.
A condena da situación en Venezuela do PP vai contar co apoio de socialistas e do grupo de Villares. En relacción á violencia machista, os populares presentaron unha resolución que condena o negacionismo da violencia de xénero. En total, o PP vai apoiar 18 iniciativas da oposición.