CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo quere que os estados asuman PCR gratuítas

Publicado o 12/05/2021 15:41

O pasaporte covid que prepara a Unión Europea para viaxar este verán servirá para certificar que unha persoa recibiu a vacina, pero tamén para ver se ten unha PCR negativa. Mentres os estados administran de balde a vacina, as probas covid saen do peto de cada cidadán. E ese é o debate agora mesmo entre os europarlamentarios e os executivos dos 27 países.

Consideran os eurodeputados que estas probas deberían ser gratuítas porque se non xeraríase, din, unha situación de discriminación. Mentres que a imnunización non implica gastos para a persoa, esas probas de PCR, que serían obrigatorias para viaxar, custaríanlles aos cidadáns entre os 100 e 400 euros. Por iso que, di a Unión Europea, deses gastos deberían facerse cargo os diferentes gobernos.

Moitos países de Europa xa adiantaron as dificultades que suporía financiar esas probas, entre eles o Goberno de España. Aseguran dende a Moncloa que, tal e como está a situación económica derivada da pandemia, o Goberno español non podería asumir ese custo.

Noticias web

12/05/2021