CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo pide sancións a Cuba pola represión das protestas de xullo

Publicado o 17/09/2021 16:23

O Parlamento Europeo pide que a Unión sancione a Cuba pola represión áos cidadáns durante as protestas do pasado mes de xullo contra o réxime da illa.

A resolución foi aprobada tras un debate duro dos europarlamentarios. A cámara pídelle á Unión Europea que sancione a ditadura cubana pola violación de dereitos humanos tras as multitudinarias protestas. Considera que o diálogo coa Habana está roto polo acoso aos activistas e disidentes, unha situación, alertan, que non deixa de empeorar. PSOE e Podemos votaron en contra.

 

Noticias web

17/09/2021