CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo debaterá o comportamento de Marrocos na crise de Ceuta

Publicado o 05/06/2021 00:29
O Parlamento Europeo debaterá o comportamento de Marrocos na crise de Ceuta

Parlamento europeo

O Parlamento Europeo debaterá e votará a vindeira semana unha resolución sobre a posible violación da convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do neno e o uso de menores por parte de Marrocos na crise migratoria en Ceuta.
O Goberno de Ceuta calcula que aínda quedan unhas tres mil persoas vagando polas rúas da cidade. Entre elas hai máis de mil cen menores. Dende o comezo da crise migratoria a mediados de marzo, a Comisión Europea reiterou en varias ocasións o seu apoio a España na crise con Marrocos. A crise migratoria en Ceuta coincidiu coa hospitalización do líder da Fronte Polisario, Brahim Gali, por un caso grave de covid-19 nun hospital de Logroño.