CRTVG

Buscar

O Parlamento esixe carga de traballo inmediata para a ría de Ferrol

Publicado o 24/02/2021 20:11
O Parlamento esixe carga de traballo inmediata para a ría de Ferrol

Unanimidade no Parlamento de Galicia para demandar carga de traballo para Navantia Ferrol. A proposta do grupo popular pide ao Goberno central que licite a construción dun buque de Acción Marítima para a Armada española; un encargo que dotaría de carga de traballo tanto o cadro de traballadores principal como o da industria auxiliar da ría de Ferrol. A iniciativa foi apoiada polo BNG e polo grupo socialista.

 

Noticias web

24/02/2021