CRTVG

Buscar

O Parlamento demanda estender as axudas de coidado de menores con cancro máis aló dos 18 anos

Publicado o 04/06/2021 16:32
O Parlamento demanda estender as axudas de coidado de menores con cancro máis aló dos 18 anos

O Parlamento de Galicia acordou por unanimidade solicitarlle ao Goberno central que revise as prestacións para o coidado de menores enfermos de cancro e doutras patoloxías graves.

Na iniciativa, defendida polo Grupo Socialista, pídese que estas axudas, que permiten a redución da xornada laboral, se estendan máis aló dos 18 anos de idade.

Todos os grupos coincidiron na necesidade de modificar estas prestacións porque, segundo apuntaron, os problemas que padecen estes menores non desaparecen cando chegan á maioría de idade.

Noticias web

04/06/2021