CRTVG

Buscar

O Parlamento de Navarra retira o cadro do rei emérito da sala de goberno

Publicado o 16/06/2020 09:52

O Parlamento de Navarra retirou o cadro do rei emérito da sala de goberno. Foi unha iniciativa de Izquierda-Ezquerra que saíu adiante co apoio do Partido Socialista, Geroa Bai, Bildu e Podemos. Só votou en contra Navarra Suma. O cadro quedou gardado no arquivo. Na mesma xunta de voceiros debateron tamén unha proposición para investigar a Xoán Carlos I polas presuntas comisións do AVE, e aí os socialistas votaron en contra, polo tanto, quedou rexeitada.

Noticias web

16/06/2020