CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia reclama máis carga de traballo para Navantia-Fene

Publicado o 06/11/2019 13:18

O Parlamento de Galicia reclama máis carga de traballo para Navantia-Fene. A iniciativa, presentada polo PPdeG, demándalle ao Goberno central a construción dun buque loxístico como o que está ultimando para a armada australiana. Tamén pide que se adiante o comezo do corte de chapa das cinco fragatas F-110 da armada española para garantir traballo a curto prazo.

A proposta contou co apoio de todos os grupos agás do socialista, que se abstivo na votación ao considerar que as necesidades da armada australiana e da española non son as mesmas.

Noticias web

06/11/2019