CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia reclámalle ao Goberno un incremento das posibilidades de pesca do bonito

Publicado o 22/11/2019 15:37
O Parlamento de Galicia reclámalle ao Goberno un incremento das posibilidades de pesca do bonito

O Parlamento de Galicia reclama ao Goberno de Estado un incremento das posibilidades de pesca do bonito. A iniciativa do Grupo Popular tamén pide que se mellore a xestión e a repartición da cota desta especie para alongar a campaña ata setembro.

Nesta comisión tamén se aprobou por unanimidade unha proposta do Grupo Común da esquerda en que instan a Xunta a protexer os fondos mariños galegos para evitar a explotación incontrolada de recursos mineiros.

 

Noticias web

22/11/2019