CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia recibe centos de mensaxes contra a modificación da Lei de saúde

Publicado o 05/02/2021 10:05

Centos de mensaxes e correos electrónicos contra a modificación da Lei de saúde de Galicia foron remitidos a deputados dos tres grupos con represntación no Parlamento de Galicia no que parece unha acción concertada.

As mensaxes contra a proposición de lei, promovida polo PPdeG, que introduce a obriga de vacinarse, enviáronse tamén á sección 'Lexisla con nós', un apartado do portal web do Parlamento destinado a recibir achegas e suxestións da cidadanía que habitualmente non ten moita actividade.

As preto de medio milleiro de opinións recibidas nas últimas horas opóñense a esta modificación.

Noticias web

05/02/2021