CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia pide por unanimidade un pacto de Estado para impulsar a economía de Ferrolterra

Publicado o 12/05/2021 16:53
O Parlamento de Galicia pide por unanimidade un pacto de Estado para impulsar a economía de Ferrolterra

Acordo unánime do Parlamento para demandar ao Goberno central que asine un pacto de estado para impulsar a actividade económica en Ferrolterra.

O PPdeG, grupo autor da iniciativa, incidiu en que o peche da térmica das Pontes e a falta de carga de traballo en Navantia están lastrando a economía da zona, polo que é fundamental que todas as administracións se sumen a este pacto que, segundo apuntou, blindaría a chegada de fondos europeos para a comarca.

Noticias web

12/05/2021