CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que baixe o IVE dos salóns de peiteado

Publicado o 17/02/2021 17:46
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que baixe o IVE dos salóns de peiteado

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que baixe o IVE que se aplica aos salóns de peiteado.
A proposta do grupo popular reclama para este sector un IVE do 10% en lugar do 21% que se aplica actualmente, para garantir a supervivencia destes negocios durante a pandemia.
A iniciativa contou co apoio do BNG. O grupo parlamentario socialista abstívose despois de que os populares rexeitaran unha emenda en que pedían un estudo do impacto que podería ter esta medida.

Noticias web

17/02/2021